 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
08/03/2010 |
 |
|
 |
O Cocido Maragato iniciou os "Cocidos do Camiño". |
 |
Estreáronse os Cocidos do Camiño co cocido maragato. Un cocido particular polo seu xeito de servirse que cociñou maxistralmente o restaurador astorgano, Jesús Prieto.
Primeiro carnes, despois garbanzos con chourizos, a continuación patacas con repolo e por último a sopa, xusto ao revés que o noso cocido. Unha forma distinta de presentalo e con ingredentes que lle dan un toque de diferencia co noso prato. Uns garbanzos pequenos pero moi sabedeiros, repolo en vez do noso esquisito grelo e a carne menos afumada e moito máis cocida. Diferencias que non fan máis que incrementar a curiosidade por desgustalo aínda que sexa por comparar.
O primeiro dos cocidos desta primeira edición dos Cocido do Camiños serviu para amosar que todo aquelo que leva a palabra cocido e está unido ao nome de Lalón e case garantía de éxito.
Se o primeiro día se diron cita preto de 70 persoas, o domingo multiplicouse por dous a cantidade de xente que asistiu e tiveron mesmo que facerse dous turnos e incrementar o espazo para atender a tanta demanda.
Por certo, o vindeiro domingo tocalle o turno ao cocido lebaniego, de Potes.
 |
 | |
 |
|
|
|