07/01/2010
Concorrida Cabalgata
Se fai un par de anos ou tres me tocou de facer de rei Mago na Cabalgata de Reis de Lalín, o pasado martes fun o chofer da carroza da súa Maxestade Baltasar que segue sendo un dos reis favoritos dos cativos.

O percorrido ao fronte do pequeno tractor permiteume ver con detemento a gran cantidade de xente que se deu cita nas beirarrúas de tódolos tramos que percorreu, de xeito especial a rúa D e Avenida Luis González. Despois era incríble a cantidade de público da Joaquín Loriga e da Principal que tiña toda a extensión da beirarrúa chea.

Todo un éxito da Cabalgata que quedou patente ca cantidade de nenos que se achegaron hasta os Reis para pedir en persoa os regalos. Case dúas horas estiveron as súas maxestades recibindo aos rapaces.

 
 
 
O magazine
A tertulia de Radio Líder dos xoves
 
   
Xuntanza de traballo na Aula da UNED
Rehabilitado o local social de Palmou
Gran organización do Enduro de Lalín
A fachada do novo Concello a piques de se rematar
Os mellores pastores alemáns en Lalín
Ampliación da Carballeira das Casianas
 
   
 
Galicia Diario
Galicia Confidencial
Confidencial Galicia
Libertad Popular
   
 
Álbum política  
Álbum política  
Álbum persoal  
Álbum persoal  
Álbum outros  
Álbum outros