 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
17/12/2009 |
 |
|
 |
Laxeiro xa ten o seu catálogo universal |
 |
Onte estiven na presentación en Vigo do catálogo universal de Xosé Otero Abeledo "Laxeiro" que recolle unha parte moi importante do que foi a producción pictórica deste amigo e veciño de Lalín, que se converte así no primeiro artista consagrado galego en dispor deste documento de catalogación.
Da dimensión de Laxeiro e da súa obra fala o feito de que na presentación do seu catálogo estivo unha ampla representación de persoeiros da vida política e social, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez, ou o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; ademais duns 40 críticos de arte.
Para mín, que tiven unha longa amizade con Laxeiro, é unha satisfacción ver como este traballo de catalogación recoñece o traballo do noso artista máis internacional e lle empeza a dar a dimesión real que ten como creativo das artes plásticas.
 |
 | |
 |
|
|
|