 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
15/12/2009 |
 |
|
 |
Novo atractivo para visitar Lalín |
 |
O venres inauguramos un novo aliciente para visitar Lalín ao longo destas vindeiras datas de Nadal. Unha pista de xeo de preto de 500 metros cadrados que nos converte na oitava cidade de Galicia con este tipo de instalacións tradicionais no inverno.
Aínda que non me atrevín a calzarme os patíns, si puiden comprobar in situ as características da pista de xeo que esta fin de semán estivo abarrotada de público, principalmente de xente xove que está moi vencellada aos deportes de inverno.
Depedendo da cantidade de xente que haia ao longo do vindeiro mes en que permanecerá aberta a empresa decidirá se a experiencia se repite en vindeiros anos e se conta cunha pista destas características.
 |
 | |
 |
|
|
|