BIOGRAFÍA

Nacín no lugar de Souto, na parroquia lalinense de Xaxán, o día 12 de maio de 1959. Como na meirande parte das familias, unha das maiores preocupacións dos meus pais foi dende sempre a miña formación, polo que, logo de cursar os estudos primarios en Lalín, enviáronme a completar a miña formación ao Seminario de Lugo, posteriormente á Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago e tamén cunha estancia académica en Madrid.

Aínda que actualmente considérome profesionalmente como un traballador da política, nunca perdín o contacto coas miñas orixes gandeiras e agrícolas e sigo preocupándome polo desenvolvemento e modernización deste sector. Nel vivín unha etapa intensa, xa que participei na constitución da cooperativa Aprodeza, da que fun presidente.

No eido da política iniciei a miña carreira moi novo. Primeiro, como pedáneo da miña parroquia (Xaxán) e, posteriormente, ocupando diversas concellerías ata que o 3 de febreiro de 1990 accedín á alcaldía de Lalín sucedendo a Xosé Cuiña. Son moitas as lembranzas que gardo daquel momento, no que polas cirsuntancias da vida convertinme, con só trinta anos, no rexedor municipal máis novo de Galicia.

Dende entón, fun asumindo progresivamente máis responsabilidades a nivel político: a vicepresidencia da Deputación Provincial de Pontevedra, a presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a vicepresidencia do Consello Territorial da Federación Española de Municipios y Provincias (Femp), que compatibilicei co meu labor como alcalde de Lalín.

Este prolongado traballo na Administración Local convertiume nun municipalista convencido e sempre avoguei por impulsar novas iniciativas encamiñadas á modernización da realidade local, entre as que destaco a realización dun estudo técnico sobre a fusión dos municipios titulado Os concellos galegos para o século XXI . Neste eido, unha das miñas últimas satisfaccións foi a sinatura coa Xunta de Galicia, o pasado 20 de xaneiro de 2006, do acordo para o desenvolvemento do Pacto Local, un documento histórico para os concellos galegos.

O Partido Popular foi dende sempre a miña formación política de referencia. Dende os meus inicios como secretario comarcal do PP en Deza, fun ocupando diversas posicións tanto a nivel provincial (formo parte dos comités Executivo e de Dirección) como rexional (como vicesecretario e membro do Comité Executivo Rexional).

Recentemente, Manuel Fraga confioume a coordinación da campaña para as Eleccións Autonómicas de 2005, un encargo que asumín como un reto persoal e que supuxo moito traballo pero tamén unha nova etapa de aprendizaxe. Con posterioridade, o actual presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, propúxome facerme cargo da Secretaría de Organización do partido a nivel rexional, responsabilidade que aceptei con satisfacción e que sigo a desempeñar a día de hoxe.

A miña principal paixón son os meus fillos, Álex e María, con quen procuro disfrutar o maior tempo posible que me deixan libre as miñas ocupacións. Ademais, gústanme os deportes de motor, facer sendeirismo, montar en bicicleta e escoitar música, un eido no que os meus gustos son moi eclécticos. Como bo lalinense, tamén sinto unha gran atracción polo mundo da moda, da que me declaro un dos principais defensores dos deseños desta terra.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde-Presidente do Concello de Lalín

   
 
 
 
O magazine "Entre nós" de Radio Lalín
A tertulia de Radio Líder dos xoves
 
   
Ocasión única para dar a coñecer o potencial turístico de Lalín
Galicia en voz alta comezou hoxe en Lalín
Recepción a un grupo de rapaces de Escaldes
Agardamos 80.000 persoas na Semana de Lalín no Corte Inglés
... Satisfeito co Congreso do PP e co xiro cara ao centro...
... Noraboa a un lalinense que acaba de fichar polo Real Madrid...
 
   
 
Galicia Diario
Galicia Confidencial
Xornal
Confidencial Galicia
Libertad Popular
   
 
Álbum política  
Álbum política  
Álbum persoal  
Álbum persoal  
Álbum outros  
Álbum outros