Felicidades a Eliseo Diéguez
30/06/2009 - O Consello da Xunta do pasado xoves recollía o nomeamento do amigo Eliseo Diéguez como novo director do Insituto Enerxético de Galicia, INEGA. Unha designación, que lonxe da amizade que me une con el, creo que é, tremendamente, acertada por parte do conselleiro de Economía e Industria, xa que coloca neste departamento a un home que loitou codo con codo conmigo, na etapa da Fegamp para que se lle recoñecese os concellos os dereitos a recadar das eólicas unha parte de ese aproveitamento dos recursos dos nosos montes. Eliseo amosou, nesa etapa, que coñece a perfección as enerxías renovables, e o feito de que tamén coñeza a realidade dos concellos pode axudar a que se poidan poñer en marcha iniciativas proveitosas para as grandes esquencidas das administracións.


Repaso as vivenvias dun lalinense en Arxentina
25/06/2009 - Este xoves presentouse o libro sobre un lalinense de pro que emigrou moi xoven a Arxentina e que alí fixo fortuna a base de traballo, tesón e imaxinación, Benito Blanco. Ainda que tiña oído falar de él en moitas ocasións, coñecino na Arxentina, nunha viaxe na que ainda era concelleiro da corporación, sendo Pepe Cuiña o alcalde. Xa de aquela tiña negocios en varios puntos de Arxentina e era apodado "o rei do petróleo".

Falar de Blanco en Lalín, pese a que botou unha parte importante da súa vida en Arxentina, non é falar de un extrano, xa que era tan coñecido deste lado como de outro do Atlántico, especialmente, nas persoas que superan o medio século de idade.

O día grande do Corpiño
23/06/2020 - Este mèrcores estiven na Romaría do Corpiño que segue xuntando a miles de romeiros tódolos 23 e 24 de xuño. A verdade é que vale a penar asistir; a maiores da parte relixiosa, que tamén, polo ambiente de festa que se forma no entorno do santuario. A hora en que cheguei co compañeiro José Manuel Brea, o camiño de acceso o santuario estaba ateigado de xente mercando cereixas, rosquillas, melindres e mesmo carne e pan; e os postos de polbo e churrasco cunha manchea de romeiros aproveitando para comer antes de marchar de volta a súa terra.

O que sí puden ollar é que habendo moita xente da nosa comarca que é devota da Virxe do Corpiño e que se achega a festa, hai unha parte importante que ven de fora da comarca e que como pasa no Cocido, marcha cas bolsas cheas dos nosos productos; principalmente, de carne.

Lembrando vellos tempos
18/06/2009 - Os luns pola mañá estou visitando as obras que se están a acometer na zona rural, melloras de camiños, alcantarillados, locais sociais, etc. Unha tarefa importante, tanto como a de coñecer de primeira man as inquedanzas dos veciños e a realidade do noso agro que está a pasar momentos tan complicados. O pasado luns, nunha explotación en Cristimil, estaban a descargar un remolque de folla o que me fixo rememorar vellos tempos de traballo na casa de meus pais. No remolque, unha gadaña de primeira calidade crabuñada a man, ca que lembrei as moitas horas de cortar na herba que me tocaron. O certo, é que ainda non se me esquenceu a técnica para sorpresa, ou non tanto, de Antonio Rodríguez, que me soe acompañar nestas visitas.
 
 
 
O magazine "Entre nós" de Radio Lalín
A tertulia de Radio Líder dos xoves
 
   
Cambio na Semana Verde
Despedida de Inma e Suso Alén
Homenaxe a Antonio Calviño
Encerro tremendamente positivo
Sinxela pero emotiva homenaxe a Camilo
Reunión de Galicia Central para avanzar na Axenda Estratéxica
 
   
 
Galicia Diario
Galicia Confidencial
Xornal
Confidencial Galicia
Libertad Popular
   
 
Álbum política  
Álbum política  
Álbum persoal  
Álbum persoal  
Álbum outros  
Álbum outros